mércores, 31 de decembro de 2014



Magosto 2014
Este venres celebramos na escola o magosto. As castañas asadas estaban moi ricas e quentiñas e compartimos coas familias un ratiño tranquilo de festa e xogo. O tempo fixo unha tregua e finalmente o sol deixounos un tempo de disfrute. Gracias a todos por compartir e disfrutar deste momento.


SAMAÍN

O pasado xoves 30 de outubro celebramos o Samaín. Os nenos e nenas de infantil e primaria participaron dos talleres que con moito entusiasmo e saber facer levaron a cabo os maiores de 5º e 6º de primaria. Así maquillaron , ensinaron  a facer monstros en infantil, fixeron colares de medo,... Despois as familias compartiron con nós riquisimos postres destas datas e a decoración encheu de maxia este día. O cine chegou tamén as aulas con Cazafantasmas para primaria e Dora en Hallowen para os de infantil.

A expoxición de cabazas, tan fermosa coma tódolos anos, adornou o pasillo do medo con moita arte.