luns, 8 de abril de 2019


PEPE PINTADO E OS HIPOCAMPOS

Pepe Pintado do IIM ( Instituto de Investigacións Mariñas) estivo hoxe no centro falándonos do que é o IIM, a que se dedica, a investigación dos hipocampos e as súas características. 
O contido ambiental, social e transversal estivo presente no seu discurso. 
Participaron neste evento os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º. Moitas grazas Pepe.

domingo, 7 de abril de 2019

PROXECTO TRANSFRONTEIRIZO VILANOVA DE CERVEIRA- TOMIÑO


O pasado mércores 3 de abril participamos o alumnado de 6º con Gallaecia (Universidade de  Arquitectura en Vilanova de Cerveira) en dúas actividades de deseño xeométrico e plástico. Moitas grazas aos mestres polo tempo e ben facer dedicado. Foi un día estupendo.
Compartimos esta actividade co CEIP Pedro Caselles.