domingo, 13 de novembro de 2016

II Carreira do Barrantiño

O  pasado martes tivemos na escola a II Carreira do Barrantiño, que aprazaramos por mor da chuvia. O día estivo estupendo e as gañas dos peques e dos profes tamén. E ao final...moitas risas e tamén a nosa medalla. Parabéns Barrantes!

martes, 25 de outubro de 2016

SAMAÍN E  MAGOSTO

Esta é a programación que durante esta semana estamos a desenvolver no  cole. Empregaremos este excelente vídeoPara o magosto que se celebrará o día 4 de novembro, xa case están preparados os dorsais e as medallas para a II edición da Carreira de Barrantiño. Ánimo peques!


sábado, 18 de xuño de 2016

Turonia  2016

 Este ano o Turonia estivo centrado no monte da Pedrada ou Madanela. Nenas e nenos de 6º estudaron sobre o terreo gran cantidade de cousas axudados dun caderniño preparado para a ocasión: Os picos máis importantes que se poden ver dende a Pedrada, as mámoas de Vilachán do Monte, minerais, plantas e animais desa zona, ...
     Visitamos o barrio de Cristelos onde andivo escondido Antón Alonso Ríos. Tamén estudamos a calidade das augas do río Pego analizando os seus macroinvertebrados.
     E coma sempre pechamos co tradicional paseo en piragua no río Miño organizado polo Club Deportivo Miño-Teixugos. 

domingo, 10 de abril de 2016

ENLACES DE INTERESE PARA AS LETRAS GALEGAS- MANUEL MARÍA

Ademais dos enlaces de interese que se amosan na marxe dereita en Manuel María deixamos estes enlaces do Seminario Galán.



Manuel María- portal da lingua galega

ACTIVIDADES ED. INFANTIL E PRIMARIA







DOCUMENTOS E ACTIVIDADES PARA IMPRIMIR






FOTOS







CASA MUSEO DE MANUEL MARÍA