mércores, 9 de decembro de 2015

NADAL 2015

No Ceip de Barrantes   quixemos representar e musicar a canción de "La luz que nace en ti"  de La Oreja de Van Goh, en castelán como é a versión orixinal e de seguido  na nosa fermosa lingua. O vídeo recolle parte dos ensaios, a posta en escena, e algúns momentos espontáneos que incorporamos ao vídeo.
Gracias pola vosa participación e ilusión!




RECURSOS PARA NADAL



COORDINADORA ENDL

luns, 16 de novembro de 2015



CARREIRA SAN MARTIÑO EN BARRANTES E MAGOSTO

Este martes celebramos no cole o tradicional magosto e este ano acompañado da Carreira de San Martiño. Pasámolo moi ben e divertímonos moito.Entre as actividades programadas para estes días :

Fixemos o decorado de bricks para reutilizar para poñer as castañas asadas e posteriormente plantar en Voz Natura sementes de castañas e landras.

Exposición de outono con carta as familias para colaboración, ramos, bouquets, etc. Que xa empezara na semana das cabazas
Carreira de San Martiño- Antes do recreo, fixemola baseandonos xa na tradición galega de facer a Carreira do san Martiño, unha mostra da mesma na escola na que cada clase diseñou o seu dorsal e fixemos circuitos por categorías de idades. O premio a castaña dourada para todas as clases participantes.
Xogos de castañas 

ÁS 13:00- MAGOSTO COAS FAMILIAS





domingo, 8 de novembro de 2015


PREPARÁNDONOS PARA O MAGOSTO

O venres os de infantil estivemos preparándo a nosa pancarta e os dorsais para a carreira de San Martiño que imos facer o martes 10 de novembro porque este venres choveu e choveu e tamén estivemos ensaiando o Rap do magosto para bailar coas castañas ben quentiñas.
Vaya equipiño de infantil que temos! 

O SAMAÍN

No cole celebramos o samaín. Os de infantil asistiron a representación teatral do conto de Tanneke a bruxiña que se quería convertir en princesa. Fixemos obradoiros de Samaín no ciclo e tamén compartimos o taller de Tania que ensinounos a facer chupachus das bruxas con castañas e mesmo un turrón de castaña con chocolate que estaba esquisito. Fixemos karaoke samaín e aproveitamos para achegar os contos e as cancións do samaín así como a nosa tradición aos máis peques do cole. Pasárono de medo. Os contos dos monstros, e bruxas e as nosas tradicións e o monstro das cores chegaron a infantil e invadironno todo así como o intercambio de aulas que fixemos os profes nos contacontos.

sábado, 24 de outubro de 2015


O SAMAÍN

RECURSOS




FIZ O COLECCIONISTA DE MEDOS



CANCIÓNS PARA O SAMAÍN




          







BENVIDOS AO NOVO CURSO ESCOLAR 2015-16

domingo, 17 de maio de 2015


LETRAS GALEGAS 2015
A semana das Letras Galegas chegou e con ela a ilusión por crear, aprender, compartir. Con Filgueira Valverde propusémonos descubrir a nosa capacidade de crear e transformar. Así escollemos unha música moi coñecida e quisemos darlle a nosa interpretación en galego...Darlle luz ao galego a través da música, a composición, creación e disfrute colectivo do noso. Ademáis fixemos palabras que van á casa dende a escola en colares Luzindo ó galego, e os xogos populares. A figura de Filgueira Valverde e a súa vida ocupou esta Semana seguindo a súa traxectoria, vida e obras.

martes, 5 de maio de 2015

LETRAS GALEGAS 2015


O Homenaxeado do Día das Letras Galegas 2015 é Xosé Fernando Filgueira Valverde, historiador, escritor, político, etnógrafo que naceu en Pontevedra o 28 de outubro de 1906. Faleceu o 13 de setembro de 1996 ós 89 anos de idade.
Currículo
Estudia o Bacharelato en Pontevedra e obtén en Santiago a licenciatura en Dereito. Tamén obtén en 1936 o doutorado en Filosofía e Letras, Sección de Historia. Traballa como profesor do Instituto de Ensino Medio en Pontevedra. En 1923 dirixe a sección de Historia da Literatura no Seminario de Estudios Galegos. Colabora en diversos medios de comunicación e en 1932 é nomeado membro da Real Academia da Historia. Desde 1942 é membro da Real Academia Galega e en 1953 é nomeado membro da Real Academia da Lingua e tamén do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento así como de moitas máis fundacións, academias... Desde 1959 a 1968 é alcalde de Pontevedra e recibe varios premios e condecoracións.
Obras realizadas
Son moitos os campos do saber que abarcou Filgueira Valverde. Escribiu máis de 300 libros e milleiros de artigos, pronunciou discursos e conferencias... Por citar algunhas, pódense destacar produccións como Guía de Compostela, Castelao escenógrafo, Da épica na Galicia medieval, Don Quijote y el amor trovadoresco, La toponimia gallega, Rosalía no seu fogar...
RECURSOS





XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE


                           

                           

martes, 24 de febreiro de 2015


24 de febreiro  DIA DE ROSALÍA DE CASTRO

Para celebrar este día tan especial fixemos unha lectura compartida de poemas e entrega de rosais con poemas de Rosalía. Despois todos cantamos " Adios ríos, adios fontes..." e " Negra sombra"

domingo, 22 de febreiro de 2015


EU SON ROSALÍA...

Neste 2015 a AELG propón celebralo baixo o lema "Eu son Rosalía" e convidounos aos centros escolares, que se quixeren sumar, a realizaren actividades encamiñadas a afondar na diversidade temática da obra rosaliana, de modo que cada  persoa descubra con cal das múltiples sensibilidades da autora se sente máis identificada, e así poder comunicárnolo gravando en video unha frase que comezaría por “Eu son Rosalía porque/cando/para...

Dentro das propostas que imos a levar a cabo no cole o vindeiro martes, está que se recolle.



ENLACES DE INTERESE





luns, 16 de febreiro de 2015


XA CHEGOU O ENTROIDO!

Este ano a luz e a ciencia invadiron o cole cos nosos disfraces. Os postres que trouxeron as familias para compartir coma sempre exquisitos. Moitísimas gracias ! E iso que a chuvia non nos deixou celebralo fóra e fixemos o desfile no pavillón. O meco tamén se salvou alomenos de momento.
BO ENTROIDO A TODOS E TODAS!!


mércores, 4 de febreiro de 2015

ENTROIDO 2015


                                                          RECURSOS ENTROIDO

RECURSOS DE ENTROIDO

COORDINADORA ENDL

SYMBALOO ENTROIDO

RECEITAS DE ENTROIDO

                               XOGOS ENTROIDO ORDENADOR/PDI

FABRICA DE CARAS VEDOQUE

JCLIC CARNESTOLTES




sábado, 31 de xaneiro de 2015


PAZ CIENCIA
CIENTÍFICOS POLA PAZ.
A PAZ TAMEN SE FALA EN GALEGO

Este ano a ciencia amosouse no Día da Paz.  A través de esta importantes descubrimentos e investigacións así como os propios pensamentos dos científicos foron decisivos na presenza ou non da paz no mundo. Entre eles Alfred Nobel, Marie Curie, Einstein,...

A paz se fala en galego...e as palabras de paz chegaron a escola para quedarse no noso mural da paz...ledicia, morriña, bicos, aloumiños, ... Os nenos e as nenas colocaron no mural as palabras despois de lelas e comentalas...fermosas palabras galegas de paz.

venres, 2 de xaneiro de 2015

LOGOTIPO

Durante este trimestre propusemos a creación dun logotipo para normalización entre as familias e os nenos/as e poder empregala en tódalas actividades que levemos a cabo. As propostas foron moitas e a selección moi díficil. Pero finalmente aquí está. Gracias  ás familias pola vosa participación e colaboración.