sábado, 3 de novembro de 2018

SAMAÍN

O pasado 31 de outubro achegámonos á festa do Samaín. Este ano a través de obradoiros convertémonos en científicos/as de medo. Para iso e por aulas fomos pasando por LupasMaquillaxePerruqueríaInstrumentos e símbolos químicosBatas.
A transformación fíxose evidente xa ao entrar nos primeiros obradoiros.
Contamos coa fantástica colaboración de mestres e o alumnado de sexto nos distintos obradoiros. 
Para rematar o día proxectamos a película de Coco





IV CARREIRA BARRANTIÑA E MAGOSTO

Outro curso escolar que comezou e xa celebramos as festas de outono. As familias decoraron coma sempre a nosa escola con espectaculares cabazas científicas inspiradas este ano o proxecto de centro Con100cia. 
Gracias por toda esa estupenda mostra de arte familias.

O pasado venres 26 de outubro compartimos coas familias a popular IV Carreira Barrantiña, este ano solidaria coa asociación Bicos de Papel que é unha organización de axuda aos nenos e nenas oncolóxicos do Hospital Álvaro Cunqueiro e ás súas familias. Enmarcada dentro do proxecto de centro, os cartos conseguidos serán destinados a esta asociación (https://bicosdepapel.org).
Gracias a todos e todas pola vosa participación e axuda.

Despois da carreira un merecido magosto en compañía das nosas familias, os mestres e mestras e os nosos e nosas peques que fan que as castañas teñan moito mellor sabor.