domingo, 22 de outubro de 2017

SEMANA DO 23 AO 31 DE OUTUBRO. PROGRAMACIÓN



MENÚDODÍA

E este é o noso menú destacado para este tempo de Samaín. Animámosvos a compartir con nós todas as risas e bos ratos que pasamos na súa elaboración. Bo proveito!












DÉIXATE DE ESCOBAS!

Os nenos e nenas da escola de Barrantes desapareceron. Tamén os mestres/as e as cociñeiras. Un grupiño de bruxas e bruxos van tratar de empregar as súas competencias dixitais para que por medio do teletransporte os desaparecidos/as volvan de novo á escola.

Obra de autoría propia CEIP BARRANTES.




Medalla III Carreira do Barrantiño

Portada do MENÚDODÍA

MAGOSTO E SAMAÍN- As festas de outono

Xa temos organizadas no cole moitas actividades para potenciar a nosa cultura e fomentar a nosa lingua en relación con estas festas de outono que nos acompañan.
Aquí deixámosvos a organización destas semanas para compartir e gozar, e por suposto agradecendo ás familias, nenos, nenas, comunidade escolar e profes a súa imprescindible colaboración .

  


OUTUBRO

AXENDA CULTURAL

NOVA PROPOSTA DE CAMBIO PARA O RECANTO DE DINAMIZACIÓN CUNHA NOVA DECORACIÓN, AXENDA CULTURAL,…

REALIZAR UNHA PROGRAMACIÓN EN GRANDE VISIBLE E DÍPTICO OU FOLLETO PARA AULAS E ESPECIALIDADES QUE PODA LEVARSE ÁS FAMILIAS.

LINGUA VIVA

DESTACAR PALABRAS QUE NOS PAREZAN IMPORTANTES RELACIONADAS COA TEMÁTICA E FACER UN RECANTO PARA ESTAS:
PASAMENTO, AGOIROS
MORIBUNDO, VELORIO
ÁNIMAS…
DISTRIBUIRASE UNHA PALABRA POR AULA DE PRIMARIA E UNHA PARA INFANTIL PARA TRABALLALAS E FACER UNHA EXPOSICIÓN  ORAL DAS PALABRAS. AS PALABRAS IRÁN ÁS CASAS E VOLTARÁN CON HISTORIAS, SIGNIFICADOS,...

LINGUA EN REDE

ACTUALIZACIÓN DO BLOG FALAMOS COAS ACTIVIDADES E RECURSOS QUE VAIAMOS TENDO.

EXPOSICIÓN DE CABAZAS E CALACÚS.

NOTA PARA CASA

ENVIALA CON ANTELACIÓN PARA QUE O LUNS 23 ESTEAN NO COLE. TEMÁTICA. CULTURA GALEGA ( OFICIOS, MÚSICA, BAILE,...)

EXPOSICIÓN DE CABAZAS TEMÁTICA: CULTURA GALEGA

DURARÁ UNHA SEMANA E O MESMO VENRES 27 AS FAMILIAS LEVARÁN AS CABAZAS PARA CASA, PARA QUE NON APODREZAN.

OUTONO CULTURAL TEATRO-MUSICAL

de cantiga en cantiga

Percorrido musical pola nosa cultura. Elixiranse 3 cancións da temática do Samaín ou magosto para cada grupo de clases e cada día da semana interpretarán unha.

teatro- AQUELARRE DE BRUXAS

CONXURO DA QUEIMADA.




EXPOSICIÓNS


PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO- DOLMENS (PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO RELACIONADO COA MORTE) EN GALICIA E EUROPA.

A MORTE DAS LINGUAS
.

RECANTOS EUROPEOS EN GALICIA:
o   COSTA DA MORTE e
o   SAN ANDRÉS DE TEIXIDO.

MENÚDODÍA                    MENÚDANOITE



A proposta é elaborar un libro de receitas  para cada día da semana. Se entregará unha folla formateada para que cada aula e infantil fagan a súa. O inxenio, será un ingredente ríquisimo para estes menús tan pouco apetitosos.

Cada curso e infantil exporá a súa receita nun acto común.

MAGOSTO E III CARREIRA DO BARRANTIÑO


31 de outubro

Este ano celébrase por terceiro ano consecutivo a III Carreira do Barrantiño. O ano pasado valorouse que este ano convidaramos as familias que quixesen asistir á carreira a participar con nós.

O circuíto será aproximadamente como o do ano anterior dentro do recinto escolar. Cada curso ou grupo de cursos terá un específico, pero corren por separado cada aula. Todos e todas levarán medalla de participación non de gañador ou gañadora. A persoa titora é a que entrega as medallas cando remate a carreira do seu curso.

Organizadas xa quendas, dorsais e circuítos.





BENVIDOS/AS CURSO ESCOLAR 2017-18


Benvidos e benvidas un ano escolar máis a este recunchiño  de Falamos, a nosa portiña do CEIP Barrantes á lingua galega e á nosa cultura.
Este ano vén cargado de novas propostas e ilusións e como non de moito traballo.


O FÍO CONDUTOR PARA ESTE CURSO ESCOLAR É O SEGUINTE:

ANO EUROPEO DO PATRIMONIO CULTURAL