sábado, 18 de maio de 2019










LETRAS GALEGAS 2019
            ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS


Esta semana celebramos as Letras Galegas na nosa escola. 

LUNS 13 DE MAIO- O TRAXE GALEGO. O BAILE GALEGO.

Homenaxeando a Antonio Fraguas, o luns estivo con nós Alexandre Sotelino Losada, profesor na USC, que pertence ao departamento de Pedagoxía e Didáctica. Director do colectivo Rebulir e membro do grupo A Pontevella (Teo) e Castro Floxo (Ourense).
O traxe galego feminino e masculino, distinguindo o de diario do de gala chegou a través das súas palabras, xogos e experimentación sobre a vestimenta.
Tamén dende infantil a 6º aprendimos moitos pasos de baile da muiñeira e finalmente fixemos todos unha foliada. Foi estupendo Álex! Moitísimas grazas por dedicarnos este tempo aprendendo tanto e de tan preto! 

ALEXANDRE SOTELINO
(Mestre de Baile Tradicional)
Membro do grupo A Pontevella (Teo) e Castro Floxo (Ourense),  Director do Colectivo Rebulir, e actualmente mestre de baile na Escola Xirondiña (Pontedeva) e do Grupo O Orcellón (O Carballiño). Levase formado en diferentes grupos e escolas como foron: Foula, Castro-Floxo, Asociación Ourensá de Música Tradicional e Cantigas e Agarimos. Tamén é destacable o traballo de recolleita que leva feito (e continua facendo) ao longo da súa vida polas aldeas e lugares do país.  Ten impartido numerosas aulas, obradoiros, cursos e monográficos de baile tradicional en diferentes entidades durante os últimos anos. Ademáis é Doutor en CC. da Educación, e ten publicado diferentes traballos que versan sobre tradición e educación. 







MARTES 14 DE MAIO- AS TAMANCAS.

O martes estivo na escola Tango ( nome que vén da tradición familiar porque ao seu pai así le chamaban tamén e agora o seu fillo tamén se chama así, aínda que os seus nomes verdadeiros sexan outros) un zoqueiro da zona de Mondariz. Alí no seu taller leva dende hai moitos anos fabricando tamancas.


Carlos Barros, máis coñecido como Tango, naceu en 1946, e hoxe en día é unha institución en Mondariz e un referente como zoqueiro en toda Galicia. Aprendeu do seu pai, de neno, a realizar zocos. Os primeiros efectuounos cando aínda non cumprira os 14 anos.
Cando explica os pasos que segue para esa recuperación, compréndese mellor o proceso: "O que fago é sacar unhas fotos das tamancas. Mediante un papel fago un molde adecuado. Cando vexo que no papel están máis ou menos logradas, pásoas ó cartón. Meto o pé dentro para saber como quedan. Despois, no pao, pégoas e móntoas para saber como quedan. Se teñen defectos, corríxoo".

Outra forma de proceder é sacar as tamancas a partir dos persoais do seu pai, que montou unha zapatería en Mondariz a principios dos anos 40 e que aprendeu o oficio dun vello zoqueiro de Noia de nome Carou.


Moitas grazas Tango polo teu ben facer e por compartilo.











MÉRCORES 15 DE MAIO- OS XOGOS POPULARES.


As xornadas de patio son un lugar inmellorable para os xogos populares. Así os de infantil e primaria, todos xuntos, gozamos dos xogos da rá, os bolos, os zancos, a raiuela, os aros,...e pasámolo xenial.


XOVES 16 DE MAIO- III CERTAME DE LITERATURA, POESÍA E ILUSTRACIÓN EN LINGUA GALEGA.

Como cada ano dende hai tres, vimos convocando dende o EDLG os Certames de Creación Literaria en lingua galega. A participación é do 100% do alumnado e profesorado, e ano a ano comprobamos o motivados que están e estamos a escribir na nosa lingua e sorprendémonos do ben que o fan. Gracias profes por animar e traballar cos nosos/as peques a prol da nosa lingua.

Este ano os premiados foron:

PREMIO AULA ILUSTRACIÓN :
  • 3 ANOS- Sabina
  • 4 ANOS- Nayra
  • 5 ANOS- Kevin
PREMIO CATEGORÍA PIPETAS DE INFANTIL- para Kevin
  • 1º- Yaiza coa obra A desaparición de Peluso
  • 2º- Mawit coa obra O meu avo
  • 3º- Karla coa obra Vivan os paxariños de cores
PREMIO CATEGORÍA PROBETAS DE 1º A 3º para Yaiza
  • 4º- Blanca coa obra A tristeza das trillizas
  • 5º- Malena coa obra Querido diario
  • 6º- Damián coa obra Negro
PREMIO CATEGORÍA MATRACES DE 4º A 6º para Damián

Parabéns a todos e todas as premiadas e participantes porque cada ano o facedes mellor. Ánimo e seguir escribindo e ilustrando en galego. 
















VENRES 17 DE MAIO- ENTREGA DE PREMIOS DO XXXIII CERTAME DE POESÍA FRANCISCO AÑÓN DE OUTES.

O Concello de Outes convocou o seu concurso literario en homenaxe a Francisco Añón. Participaron neste concurso nenos e nenas das clases de 3º (Categoría B) e de 6º( Categoría D) de E. P. A lingua de participación foi a lingua galega.

Entregáronse os premios no Concello de Outes, onte 17 de maio.

Premiados con 1º premio e accesit deste primeiro premio:

Laura de 3º- 1º premio categoría B
Iker de 3º- Accesit do primeiro premio da categoría B
Álex de 3ºAccesit do primeiro premio da categoría B

Álex de 6º- Accesit do primeiro premio da categoría D

Parabéns Laura, Iker, Álex e Álex. Que merecido o tedes!