domingo, 7 de maio de 2017


VIDEO LETRAS GALEGAS 2017







Este xoves, día 4 de maio demos comezo á celebración das Letras Galegas que realizaremos durante este mes. Moitas actividades acompañarán esta celebración. Estamos a construír o mural das Letras sobre Carlos Casares, dos que colgaremos fotos en canto estea rematado.




Este xoves demos comezo aos " Martes e xoves literarios" no que iremos lendo e representando obras de Carlos casares.
Os primeiros foron os de 1º e 2º coas súas mestras, que nos achegaron, en medio de millo e coa visita da galiña, o conto de "A galiña azul". 

O martes 9 tivo lugar a lectura de "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas" cos rapaces e rapazas de 5º e 6º e a mestra de música a través dunha representación acompañada de interpretación musical.
O xoves 11, tivemos a representación de dous dos cinco contiños de "Toribio" que leron por unha banda os nenos e nenas de 4º e a súa mestra e unha representación dos nenos e nenas de 3º coa súa mestra.

O martes 16 finalizaron as lecturas os nenos e nenas de 3 e 5 anos de infantil coas súas mestras coa obra " Lolo anda en bicicleta"

Gracias por facernos gozar destas lecturas feitas con tanto cariño!


Unha cesta de ovos para a Galiña Azul

Félix, o avó de Iker e Alex, estivo no cole ensinándonos a facer cestos, e o oficio de cesteiro. Gracias avó!



O galiñeiro de Carlos

As galiñas das familias chegaron ao cole en busca do galiñeiro de Carlos.