domingo, 17 de maio de 2015


LETRAS GALEGAS 2015
A semana das Letras Galegas chegou e con ela a ilusión por crear, aprender, compartir. Con Filgueira Valverde propusémonos descubrir a nosa capacidade de crear e transformar. Así escollemos unha música moi coñecida e quisemos darlle a nosa interpretación en galego...Darlle luz ao galego a través da música, a composición, creación e disfrute colectivo do noso. Ademáis fixemos palabras que van á casa dende a escola en colares Luzindo ó galego, e os xogos populares. A figura de Filgueira Valverde e a súa vida ocupou esta Semana seguindo a súa traxectoria, vida e obras.

martes, 5 de maio de 2015

LETRAS GALEGAS 2015


O Homenaxeado do Día das Letras Galegas 2015 é Xosé Fernando Filgueira Valverde, historiador, escritor, político, etnógrafo que naceu en Pontevedra o 28 de outubro de 1906. Faleceu o 13 de setembro de 1996 ós 89 anos de idade.
Currículo
Estudia o Bacharelato en Pontevedra e obtén en Santiago a licenciatura en Dereito. Tamén obtén en 1936 o doutorado en Filosofía e Letras, Sección de Historia. Traballa como profesor do Instituto de Ensino Medio en Pontevedra. En 1923 dirixe a sección de Historia da Literatura no Seminario de Estudios Galegos. Colabora en diversos medios de comunicación e en 1932 é nomeado membro da Real Academia da Historia. Desde 1942 é membro da Real Academia Galega e en 1953 é nomeado membro da Real Academia da Lingua e tamén do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento así como de moitas máis fundacións, academias... Desde 1959 a 1968 é alcalde de Pontevedra e recibe varios premios e condecoracións.
Obras realizadas
Son moitos os campos do saber que abarcou Filgueira Valverde. Escribiu máis de 300 libros e milleiros de artigos, pronunciou discursos e conferencias... Por citar algunhas, pódense destacar produccións como Guía de Compostela, Castelao escenógrafo, Da épica na Galicia medieval, Don Quijote y el amor trovadoresco, La toponimia gallega, Rosalía no seu fogar...
RECURSOS





XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE