domingo, 25 de febreiro de 2018


Rosalía vai á feira- #Abride a fiestra


Os nenos e nenas e mestres de 4º, 5º e 6º lévamos Rosalía á feira, compartindo coa nosa xente a poesía de Rosalía, agasallando con poemas e flores, lendo anacos da súa grande obra . No cole quedaron os nosos/as compañeiros/as vestindo as fiestras de poesía , esperando para compartir todos xuntos, primaria e infantil, este Día de Rosalía e poñer no noso bico un cantar.

mércores, 14 de febreiro de 2018

Xa veñen os entruidos!

Este venres 9 de febreiro, celebramos o entroido en Barrantes. Este ano de entruidos, farricoques.

ENTRUIDOS e  FARRICOQUES

Os Entruidos ou Farricoques eran uns disfraces que se vían por esta zona, que consistían en ir vestidos con roupas vellas, homes vestidos de mulleres e mulleres de homes. Metíanse coa xente dándolles cun pau, botándolles fariña, e facendo burla. Recorrían as casas pedindo marruchos, filloas, orellas,... polas portas das casas e nesta zona mesmo tamén pedían pesetas (moeda anterior ao euro). 
Este ano no cole de Barrantes decidimos recuperar a nosa tradición.
Os entruidos ou tamén chamados farricoques poñen enriba roupa e farrapos vellos que atopan pola casa. Adoitan ser mozos ou rapaces da aldea que collen emprestados para esta ocasión aquelas pezas do vestuario que xa non usan os maiores. Tamén cobren a cabeza con sombreiros pasados de moda ou panos que lles fan parecer vellas ou vellos, e anacos de cordas que fan as veces dun cinturón. Así vestidos, van polos camiños da parroquia cantando e facendo balbordo, aparte de diversas bromas ou pilladas.


xoves, 8 de febreiro de 2018




Equipo Dinamización Lingua Galega

QUE VEÑEN OS ENTRUIDOS!

Que non sabedes o que é un  antroido ou entruido, farricoque, ou farrapeiro, ou maruxo, ou folecheiro, ou choqueiro? Pois atentos e atentas, porque se achega o tempo deles.

O Antroido é tempo de farra e diversión, no que se alteran ou invirten as conductas e os roles cotiáns, e se traspasan as boas maneiras e os respectos, asi como as ríxidas normas de comportamento diario. Pezas importantes desta transgresión son os entruidos, farricoques, as máscaras, e os folecheiros.

ENTRUIDOS e  FARRICOQUES
Os Entruidos ou Farricoques eran uns disfraces que se vían por esta zona, que consistían en ir vestidos con moitas máscaras, con roupas vellas, homes vestidos de mulleres e mulleres de homes. Metíanse coa xente dándolles cun pau, botándolles fariña, e facendo burla. Recorrían as casas pedindo marruchos (crepés galegos), orellas,... polas portas das casas e nesta zona mesmo tamén pedían pesetas (moeda anterior ao euro).

FOLECHEIROS MÁSCARAS E CHOQUEIROS.

Os entruidos ou tamén chamados farricoques poñen enriba roupa e farrapos vellos que atopan pola casa. Adoitan ser mozos ou rapaces da aldea que collen emprestados para esta ocasión aquelas pezas do vestuario que xa non usan os maiores. Tamén cubren a cabeza con sombreiros pasados de moda ou panos que lles fan parecer vellas ou vellos, e anacos de cordas que fan as veces dun cinturón. Así vestidos, van polos camiños da parroquia cantando e facendo balbordo, aparte de diversas bromas ou pilladas. Os choqueiros poñen as prendas máis chamativas que atopen pola casa e non pasan desapercibidos, chaman a atención  coa vestimenta canto máis ridícula, mellor.

Ós antroidos tamén se lles coñece co nome de folecheiros ou folicheiros, ainda que non veñen ser a mesma cousa. O folecheiro é un personaxe característico do Antroido das parroquias da Terra de Melide. A orixe do nome venlle do folecho ou bandullo de porco que leva atado a un pao. Para elaborar este estandarte, collen o fol do animal nadamáis matalo, e despois de lavalo e deixalo ben limpo, hínchano de aire todo o que poden e átanlle un fío para cerralo e conservalo có aire dentro. Este folecho cólgase a secar dun canizo na lareira ata que estea completamente seco e curado. Daquela, xa se lle pode sacar o fío, conservando agora o fol o mesmo tamaño e dimensións que cando estaba cheos de aire.

Elemento de importancia no atuendo dalgúns entruidos ou folecheiros son as máscaras, pois éstas veñen a tentar ocultar a propia identidade.


BO ENTROIDO FAMILIAS! A PASALO BEN!



XUÍZO DO MECO 2018- CEIP BARRANTES


Estamos hoxe aquí reunidos,
Para entre todos xulgar,
A este meco silandeiro,
Que tantas culpas ha pagar.

Porque quixeches tolearnos
En pixamas e de rap,
Do revés moi vestidiños
De deportistas 1,2,3, xa.

Pero nós sabemos ben
Do que ti es capaz
Así que sen máis historias
Ímoste acusar.



Meco, meco pequeneco
curarémoste os máis pequenos.
Cos teus mandados o pasamos ben,
despedímonos ata o ano que vén.


Meco peco bomboreco
Ímoste queimar
Aínda que chores e chores
O lume non vas apagar.


Por queimar montes e casas,
E moito mandar,
Por estropear a nosa pizarra,
Ímoste queimar


Meco mequiño
querémoste queimar
porque non temos internet
para navegar.

Meco peco bomboreco
Ímoste queimar
Aínda que chores e chores
O lume non vas apagar.



Meco, mequeiro
querémoste queimar
para non ter máis lumes
no mundo mundial.

Meco peco bomboreco
Ímoste queimar
Aínda que chores e chores
O lume non vas apagar.



Este meco é moi listo
Pero nós ímolo xulgar,
E como é moi argalleiro
O queremos indultar.


Meco peco bomboreco
Ímoste queimar
Aínda que chores e chores
O lume non vas apagar.
  

Meco mequiño
a pesares de ser boiño
vas estar no lume moi quentiño
pero aínda podes salvarte
escapando polo camiño

Meco peco bomboreco
Ímoste queimar
Aínda que chores e chores
O lume non vas apagar.

  
Por ser feo e non funcionar o wifi,
por a Malala disparar,
por tantos montes queimados
e por facernos madrugar
ímoste queimar.


Meco peco bomboreco
Ímoste queimar
Aínda que chores e chores
O lume non vas apagar.

  
Meco peco pandereco
ímoste queimar
por facernos disfrazar
de cousas que nunca imos levar.




E destas causas aquí lidas
Damos sentenza irrevogable,
Queimaraste na fogueira
Por tantas culpas inxustificables.

Adiós tamén, queridiño...!
Adiós por sempre quizais...!
Dicímoste este adiós chorando
dende a beiriña do lar.