Equipo Dinamización
Lingua Galega
QUE VEÑEN OS ENTRUIDOS!
Que non sabedes o que é un antroido ou entruido, farricoque, ou
farrapeiro, ou maruxo, ou folecheiro, ou choqueiro? Pois atentos e atentas,
porque se achega o tempo deles.
O Antroido é tempo de farra e
diversión, no que se alteran ou invirten as conductas e os roles cotiáns, e se
traspasan as boas maneiras e os respectos, asi como as ríxidas normas de
comportamento diario. Pezas importantes desta transgresión son os entruidos,
farricoques, as máscaras, e os folecheiros.
ENTRUIDOS e FARRICOQUES
Os Entruidos ou Farricoques eran uns
disfraces que se vían por esta zona, que consistían en ir vestidos con moitas
máscaras, con roupas vellas, homes vestidos de mulleres e mulleres de homes.
Metíanse coa xente dándolles cun pau, botándolles fariña, e facendo burla.
Recorrían as casas pedindo marruchos (crepés galegos), orellas,... polas portas
das casas e nesta zona mesmo tamén pedían pesetas (moeda anterior ao euro).
FOLECHEIROS
MÁSCARAS E CHOQUEIROS.
Os entruidos ou tamén chamados
farricoques poñen enriba roupa e farrapos vellos que atopan pola casa.
Adoitan ser mozos ou rapaces da aldea que collen emprestados para esta ocasión
aquelas pezas do vestuario que xa non usan os maiores. Tamén cubren a cabeza
con sombreiros pasados de moda ou panos que lles fan parecer vellas ou vellos,
e anacos de cordas que fan as veces dun cinturón. Así vestidos, van polos
camiños da parroquia cantando e facendo balbordo, aparte de diversas bromas ou
pilladas. Os choqueiros poñen as
prendas máis chamativas que atopen pola casa e non pasan desapercibidos, chaman
a atención coa vestimenta canto máis
ridícula, mellor.
Ós antroidos tamén se lles
coñece co nome de folecheiros ou folicheiros, ainda
que non veñen ser a mesma cousa. O folecheiro é un personaxe característico
do Antroido das parroquias da Terra de Melide. A orixe do nome venlle do folecho
ou bandullo de porco que leva atado a un pao. Para elaborar este estandarte,
collen o fol do animal nadamáis matalo, e despois de lavalo e deixalo ben
limpo, hínchano de aire todo o que poden e átanlle un fío para cerralo e
conservalo có aire dentro. Este folecho cólgase a secar dun canizo na lareira
ata que estea completamente seco e curado. Daquela, xa se lle pode sacar o fío,
conservando agora o fol o mesmo tamaño e dimensións que cando estaba cheos de
aire.
Elemento
de importancia no atuendo dalgúns entruidos ou folecheiros son as
máscaras, pois éstas veñen a tentar ocultar a propia identidade.
BO ENTROIDO FAMILIAS! A
PASALO BEN!
Ningún comentario:
Publicar un comentario