sábado, 25 de febreiro de 2017

ENTROIDO 2017- Turismo sostible en Tomiño.


O proxecto de turismo sostible que estamos a levar a cabo no centro e todas as actividades que estamos a desenvolver teñen que ver con este fío condutor. 

Tomiño, o noso, a nosa cultura precisa de sostibilidade dende idades máis pequenas e entendemos que parte da nosa labor é precisamente este mantemento, divulgación e difusión do noso e así o vivimos, compartimos e transmitimos.  

Este entroido non podíamos deixar de manifestar precisamente ese " querer" e aí estivemos representando o patrimonio económico a través do Kiwi, flor e a uva; o patrimonio cultural coa Danza de Estás que bailaron estupendamente os nosos peques e as treboadas; o patrimonio arqueolóxico representando ao Monte Tetón e o patrimonio artístico que leva a Tomiño polo mundo adiante. 

Esta foi unha mostra do vivido...houbo moitísimo máis, encontros co alumnado para a divulgación, traballo nas aulas,...e aínda non rematamos. 


sábado, 18 de febreiro de 2017

# ROSALÍA TE 2017

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación, entre elas a proposta para este 2017 que despois de facer un repaso da figura literaria da Autora,  e dalgunhas lecturas que dean conta da pluralidade significativa das súa obra,  propoñen para o venres 17 de febreiro que cada alumna/o elabore unha máscara de Rosalía de Castro. Esta “transformación” tamén pode conseguirse cun traballo de caracterización física da cara.
Esta iniciativa pretende, ademais, que unha vez feito este traballo, o alumnado o comparta coa súa familia e, particularmente, cos seus maiores (sexan familiares, veciñas e veciños…). Para isto faríanse fotos do alumnado caracterizado de Rosalía acompañado das súas persoas maiores, portando entre ambos un pequeno cartel cun verso rosaliano da escolla da alumna ou alumno.

Pois aquí está . Grazas familias.




Rosalía pequeniña.

Rosalía pequeniña' é o título libro-disco de Uxía na Editorial Galaxia (colección Sonárbore, 2013), ilustrado por Marina Seoane.http://bit.ly/1E73cMU
"Maio longo", "Como chove miudiño", "Has de cantar", "Paseniño", "Miña santiña, miña santasa" ou "Alborada" son algúns dos poemas rosalianos que se recollen neste libro.




sábado, 11 de febreiro de 2017

Por Siria!

 «Dende o 16 ata o 27 de xaneiro iniciamos e desenvolvemos no CEIP Barrantes das Xornadas Sirias, que se levarán a cabo todos os días en primaria, nun tempo establecido de 20 minutos de duración, con posterior debate, análise, achegas, propostas… e que constarán de temas como: Introdución e contextualización da guerra de Siria, música siria como demanda e protesta do conflito, análise de noticias nos medios, na prensa, deporte pola paz, reinterpretación artística de imaxes, e dous obradoiros: un collage mural que van compoñer entre todos os alumnos de infantil e primaria dentro da escola e outro externo, no cerramento do centro, composto por mensaxes en flores pintadas que recollen as nosas peticións».

  • ACTIVIDADES: O luns 30 de xaneiro, Día da Paz, os nenos montarán o mural externo con todo o creado nos obradoiros e darán lectura ás frases e ao manifesto a prol da paz.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lavozdelaescuela/2017/02/01/span-langgl30-xaneiro-xornada-pola-paz-non-violenciaspan/00031485802336880960275.htm







20 DE NOVEMBRO
DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA.


Na mochila dos Dereitos-
O 20 de novembro os nenos/as da clase de 4º de primaria compartimos con aulas dos centros da localidade de Tomiño unha xornada de Pleno sobre Os Dereitos da Infancia, en colaboración co concello de Tomiño (organizador) e Unicef . Na actividade os participantes de cada centro  expoñían o seu traballo sobre un dereito traballado. No noso caso o dereito á familia. Para iso traballouse sobre a presentación, a recopilación de información, o tratamento e a creación dun video para divulgación e recurso de presentación. Esta actividade tamén tivo difusión nas redes sociais como facebook a través do concello.