«Dende o 16 ata o 27 de xaneiro iniciamos e desenvolvemos no CEIP Barrantes das Xornadas Sirias, que se levarán a cabo todos os días en primaria, nun tempo establecido de 20 minutos de duración, con posterior debate, análise, achegas, propostas… e que constarán de temas como: Introdución e contextualización da guerra de Siria, música siria como demanda e protesta do conflito, análise de noticias nos medios, na prensa, deporte pola paz, reinterpretación artística de imaxes, e dous obradoiros: un collage mural que van compoñer entre todos os alumnos de infantil e primaria dentro da escola e outro externo, no cerramento do centro, composto por mensaxes en flores pintadas que recollen as nosas peticións».
- ACTIVIDADES: O luns 30 de xaneiro, Día da Paz, os nenos montarán o mural externo con todo o creado nos obradoiros e darán lectura ás frases e ao manifesto a prol da paz.

20 DE NOVEMBRO
DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA.
Na mochila dos Dereitos-
O 20 de novembro os
nenos/as da clase de 4º de primaria compartimos con aulas dos centros da localidade de Tomiño unha xornada de Pleno sobre Os Dereitos da Infancia,
en colaboración co concello de Tomiño (organizador) e Unicef . Na actividade os participantes de cada
centro expoñían o seu traballo sobre un
dereito traballado. No noso caso o dereito á familia. Para iso traballouse
sobre a presentación, a recopilación de información, o tratamento e a creación
dun video para divulgación e recurso
de presentación.
Esta actividade tamén tivo difusión nas
redes sociais como facebook a través do concello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario