domingo, 1 de abril de 2018

MARÍA ALONSO SEISDEDOS.
TRADUTORA DE O LAPIS MÁXICO DE MALALA
23-3-18

O venres 23 de marzo María Alonso Seisdedos, tradutora de O lapis máxico de Malala estivo no cole nunha rolda de prensa. Os/as alumnos/as fixeron preguntas moi interesantes a María, que conseguiu engaiolarnos tanto a un curioso público de primaria como aos máis infantiles que participaron de xogos de tradución ao galego.
Moitas grazas María!



María Alonso Seisdedos


Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Barcelona e en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, traduce desde o inglés, francés, portugués, italiano, alemán, catalán e castelán, principalmente ó galego.
Desde o ano 1986, traduciu para dobraxe e subtitulación multitude de produtos audiovisuais ó galego. Realizou correccións ortotipográficas e de estilo para editoras galegas.
No ano 2009 iniciouse na tradución literaria e verteu ó galego autores como Orhan Pamuk, Kazuo Ishiguro e Herman Koch, así como obras de literatura infantil e xuvenil.

PREMIOS E DISTINCIÓNS


  •  Premio á Mellor Tradución de 2009 da Asociación de Escritores en Lingua Galega por O museo da inocencia.
  • Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro de Adultos Traducido en 2011 por O libro negro, ambas de Orhan Pamuk e co-traducidas con Bartug Aykan.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro traducido en 2013, por Ulises de James Joyce (obra cotraducida con máis autores), libro polo que tamén recibiu o Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor libro traducido en 2013.
  • Premio Irmandade do Libro da Federación de Librarías de Galicia ao mellor libro do 2013.
  • Premio da AELGá mellor tradución do 2013.
  • Premio Nacional de Tradución de España en 2014.


O Premio Nacional á Mellor Tradución, de España, é un premio literario que outorga anualmente o Ministerio de Cultura de España. Premia a mellor tradución feita en calquera das linguas españolas entre tódalas obras publicadas no estado no ano anterior.