Xa temos organizadas no cole moitas actividades para potenciar a nosa cultura e fomentar a nosa lingua en relación con estas festas de outono que nos acompañan.
Aquí deixámosvos a organización destas semanas para compartir e gozar, e por suposto agradecendo ás familias, nenos, nenas, comunidade escolar e profes a súa imprescindible colaboración .
OUTUBRO
AXENDA CULTURAL
NOVA PROPOSTA DE CAMBIO PARA O RECANTO DE DINAMIZACIÓN CUNHA NOVA
DECORACIÓN, AXENDA CULTURAL,…
REALIZAR UNHA PROGRAMACIÓN EN GRANDE VISIBLE E DÍPTICO OU FOLLETO PARA AULAS E ESPECIALIDADES QUE PODA LEVARSE ÁS
FAMILIAS.
LINGUA
VIVA
DESTACAR PALABRAS
QUE NOS PAREZAN IMPORTANTES RELACIONADAS COA TEMÁTICA E FACER UN RECANTO PARA
ESTAS:
PASAMENTO, AGOIROS
MORIBUNDO, VELORIO
ÁNIMAS…
DISTRIBUIRASE UNHA PALABRA POR AULA DE PRIMARIA E UNHA PARA INFANTIL
PARA TRABALLALAS E FACER UNHA EXPOSICIÓN ORAL DAS PALABRAS. AS PALABRAS IRÁN ÁS CASAS
E VOLTARÁN CON HISTORIAS, SIGNIFICADOS,...
LINGUA EN
REDE
ACTUALIZACIÓN DO BLOG
FALAMOS COAS ACTIVIDADES E RECURSOS QUE VAIAMOS TENDO.
|
EXPOSICIÓN DE CABAZAS E CALACÚS.
NOTA PARA CASA
ENVIALA CON
ANTELACIÓN PARA QUE O LUNS 23 ESTEAN NO COLE. TEMÁTICA. CULTURA GALEGA (
OFICIOS, MÚSICA, BAILE,...)
EXPOSICIÓN
DE CABAZAS TEMÁTICA: CULTURA GALEGA
DURARÁ UNHA
SEMANA E O MESMO VENRES 27 AS FAMILIAS LEVARÁN AS CABAZAS PARA CASA, PARA QUE
NON APODREZAN.
OUTONO CULTURAL
TEATRO-MUSICAL
de cantiga en cantiga
Percorrido musical pola nosa cultura. Elixiranse 3
cancións da temática do Samaín ou magosto para cada grupo de clases e cada
día da semana interpretarán unha.
teatro- AQUELARRE DE BRUXAS
CONXURO DA
QUEIMADA.
|
EXPOSICIÓNS
A MORTE DAS LINGUAS.
RECANTOS EUROPEOS EN GALICIA:
o
COSTA DA MORTE e
o
SAN ANDRÉS DE TEIXIDO.
|
MENÚDODÍA MENÚDANOITE
A proposta é elaborar un libro de receitas para cada día da semana. Se entregará unha
folla formateada para que cada aula e infantil fagan a súa. O inxenio, será un
ingredente ríquisimo para estes menús tan pouco apetitosos.
Cada curso e infantil exporá a súa receita nun acto
común.
MAGOSTO E III CARREIRA DO BARRANTIÑO
31 de outubro
Este ano celébrase por terceiro ano consecutivo a III
Carreira do Barrantiño. O ano pasado valorouse que este ano convidaramos as
familias que quixesen asistir á carreira a participar con nós.
O circuíto será aproximadamente como o do ano anterior
dentro do recinto escolar. Cada curso ou grupo de cursos terá un específico,
pero corren por separado cada aula. Todos e todas levarán medalla de
participación non de gañador ou gañadora. A persoa titora é a que entrega as
medallas cando remate a carreira do seu curso.
Organizadas xa quendas, dorsais e circuítos.
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario