No Ceip de Barrantes quixemos representar e musicar a canción de "La luz que nace en ti" de La Oreja de Van Goh, en castelán como é a versión orixinal e de seguido na nosa fermosa lingua. O vídeo recolle parte dos ensaios, a posta en escena, e algúns momentos espontáneos que incorporamos ao vídeo.
Gracias pola vosa participación e ilusión!
Este martes celebramos no cole o tradicional magosto e este ano acompañado da Carreira de San Martiño. Pasámolo moi ben e divertímonos moito.Entre as actividades programadas para estes días :
Fixemos o decorado de bricks para reutilizar
para poñer as castañas asadas e posteriormente plantar en Voz Natura sementes
de castañas e landras.
Exposición de outono
con carta as familias para colaboración, ramos, bouquets, etc. Que xa empezara na semana das cabazas
Carreira de San Martiño- Antes do recreo, fixemola baseandonos xa na tradición galega de facer
a Carreira do san Martiño, unha mostra da mesma na escola na que cada clase
diseñou o seu dorsal e fixemos circuitos por categorías de idades. O premio
a castaña dourada para todas as clases participantes.
Xogos de castañas
ÁS
13:00- MAGOSTO COAS FAMILIAS
domingo, 8 de novembro de 2015
PREPARÁNDONOS PARA O MAGOSTO
O venres os de infantil estivemos preparándo a nosa pancarta e os dorsais para a carreira de San Martiño que imos facer o martes 10 de novembro porque este venres choveu e choveu e tamén estivemos ensaiando o Rap do magosto para bailar coas castañas ben quentiñas.
Vaya equipiño de infantil que temos!
O SAMAÍN
No cole celebramos o samaín. Os de infantil asistiron a representación teatral do conto de Tanneke a bruxiña que se quería convertir en princesa. Fixemos obradoiros de Samaín no ciclo e tamén compartimos o taller de Tania que ensinounos a facer chupachus das bruxas con castañas e mesmo un turrón de castaña con chocolate que estaba esquisito. Fixemos karaoke samaín e aproveitamos para achegar os contos e as cancións do samaín así como a nosa tradición aos máis peques do cole. Pasárono de medo. Os contos dos monstros, e bruxas e as nosas tradicións e o monstro das cores chegaron a infantil e invadironno todo así como o intercambio de aulas que fixemos os profes nos contacontos.
A semana das Letras Galegas chegou e con ela a ilusión por crear, aprender, compartir. Con Filgueira Valverde propusémonos descubrir a nosa capacidade de crear e transformar. Así escollemos unha música moi coñecida e quisemos darlle a nosa interpretación en galego...Darlle luz ao galego a través da música, a composición, creación e disfrute colectivo do noso. Ademáis fixemos palabras que van á casa dende a escola en colares Luzindo ó galego, e os xogos populares. A figura de Filgueira Valverde e a súa vida ocupou esta Semana seguindo a súa traxectoria, vida e obras.
martes, 5 de maio de 2015
LETRAS GALEGAS 2015
O Homenaxeado do Día das Letras Galegas 2015 é Xosé Fernando Filgueira Valverde, historiador, escritor, político, etnógrafo que naceu en Pontevedra o 28 de outubro de 1906. Faleceu o 13 de setembro de 1996 ós 89 anos de idade.
Currículo
Estudia o Bacharelato en Pontevedra e obtén en Santiago a licenciatura en Dereito. Tamén obtén en 1936 o doutorado en Filosofía e Letras, Sección de Historia. Traballa como profesor do Instituto de Ensino Medio en Pontevedra. En 1923 dirixe a sección de Historia da Literatura no Seminario de Estudios Galegos. Colabora en diversos medios de comunicación e en 1932 é nomeado membro da Real Academia da Historia. Desde 1942 é membro da Real Academia Galega e en 1953 é nomeado membro da Real Academia da Lingua e tamén do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento así como de moitas máis fundacións, academias... Desde 1959 a 1968 é alcalde de Pontevedra e recibe varios premios e condecoracións.
Obras realizadas
Son moitos os campos do saber que abarcou Filgueira Valverde. Escribiu máis de 300 libros e milleiros de artigos, pronunciou discursos e conferencias... Por citar algunhas, pódense destacar produccións como Guía de Compostela, Castelao escenógrafo, Da épica na Galicia medieval, Don Quijote y el amor trovadoresco, La toponimia gallega, Rosalía no seu fogar...
Para celebrar este día tan especial fixemos unha lectura compartida de poemas e entrega de rosais con poemas de Rosalía. Despois todos cantamos " Adios ríos, adios fontes..." e " Negra sombra"
domingo, 22 de febreiro de 2015
EU SONROSALÍA...
Neste 2015 a AELG propón celebralo baixo o lema "Eu son Rosalía" e convidounos aos centros escolares, que se quixeren sumar, a realizaren actividades encamiñadas a afondar na diversidade temática da obra rosaliana, de modo que cada persoa descubra con cal das múltiples sensibilidades da autora se sente máis identificada, e así poder comunicárnolo gravando en video unha frase que comezaría por “Eu son Rosalía porque/cando/para...
Dentro das propostas que imos a levar a cabo no cole o vindeiro martes, está que se recolle.
Este ano a luz e a ciencia invadiron o cole cos nosos disfraces. Os postres que trouxeron as familias para compartir coma sempre exquisitos. Moitísimas gracias ! E iso que a chuvia non nos deixou celebralo fóra e fixemos o desfile no pavillón. O meco tamén se salvou alomenos de momento.
Este ano a ciencia amosouse no Día da Paz. A través de esta importantes descubrimentos e investigacións así como os propios pensamentos dos científicos foron decisivos na presenza ou non da paz no mundo. Entre eles Alfred Nobel, Marie Curie, Einstein,...
A paz se fala en galego...e as palabras de paz chegaron a escola para quedarse no noso mural da paz...ledicia, morriña, bicos, aloumiños, ... Os nenos e as nenas colocaron no mural as palabras despois de lelas e comentalas...fermosas palabras galegas de paz.
venres, 2 de xaneiro de 2015
LOGOTIPO
Durante este trimestre propusemos a creación dun logotipo para normalización entre as familias e os nenos/as e poder empregala en tódalas actividades que levemos a cabo. As propostas foron moitas e a selección moi díficil. Pero finalmente aquí está. Gracias ás familias pola vosa participación e colaboración.