sábado, 24 de outubro de 2015

BENVIDOS AO NOVO CURSO ESCOLAR 2015-16

domingo, 17 de maio de 2015


LETRAS GALEGAS 2015
A semana das Letras Galegas chegou e con ela a ilusión por crear, aprender, compartir. Con Filgueira Valverde propusémonos descubrir a nosa capacidade de crear e transformar. Así escollemos unha música moi coñecida e quisemos darlle a nosa interpretación en galego...Darlle luz ao galego a través da música, a composición, creación e disfrute colectivo do noso. Ademáis fixemos palabras que van á casa dende a escola en colares Luzindo ó galego, e os xogos populares. A figura de Filgueira Valverde e a súa vida ocupou esta Semana seguindo a súa traxectoria, vida e obras.

martes, 5 de maio de 2015

LETRAS GALEGAS 2015


O Homenaxeado do Día das Letras Galegas 2015 é Xosé Fernando Filgueira Valverde, historiador, escritor, político, etnógrafo que naceu en Pontevedra o 28 de outubro de 1906. Faleceu o 13 de setembro de 1996 ós 89 anos de idade.
Currículo
Estudia o Bacharelato en Pontevedra e obtén en Santiago a licenciatura en Dereito. Tamén obtén en 1936 o doutorado en Filosofía e Letras, Sección de Historia. Traballa como profesor do Instituto de Ensino Medio en Pontevedra. En 1923 dirixe a sección de Historia da Literatura no Seminario de Estudios Galegos. Colabora en diversos medios de comunicación e en 1932 é nomeado membro da Real Academia da Historia. Desde 1942 é membro da Real Academia Galega e en 1953 é nomeado membro da Real Academia da Lingua e tamén do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento así como de moitas máis fundacións, academias... Desde 1959 a 1968 é alcalde de Pontevedra e recibe varios premios e condecoracións.
Obras realizadas
Son moitos os campos do saber que abarcou Filgueira Valverde. Escribiu máis de 300 libros e milleiros de artigos, pronunciou discursos e conferencias... Por citar algunhas, pódense destacar produccións como Guía de Compostela, Castelao escenógrafo, Da épica na Galicia medieval, Don Quijote y el amor trovadoresco, La toponimia gallega, Rosalía no seu fogar...
RECURSOS





XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE


                           

                           

martes, 24 de febreiro de 2015


24 de febreiro  DIA DE ROSALÍA DE CASTRO

Para celebrar este día tan especial fixemos unha lectura compartida de poemas e entrega de rosais con poemas de Rosalía. Despois todos cantamos " Adios ríos, adios fontes..." e " Negra sombra"

domingo, 22 de febreiro de 2015


EU SON ROSALÍA...

Neste 2015 a AELG propón celebralo baixo o lema "Eu son Rosalía" e convidounos aos centros escolares, que se quixeren sumar, a realizaren actividades encamiñadas a afondar na diversidade temática da obra rosaliana, de modo que cada  persoa descubra con cal das múltiples sensibilidades da autora se sente máis identificada, e así poder comunicárnolo gravando en video unha frase que comezaría por “Eu son Rosalía porque/cando/para...

Dentro das propostas que imos a levar a cabo no cole o vindeiro martes, está que se recolle.



ENLACES DE INTERESE





luns, 16 de febreiro de 2015


XA CHEGOU O ENTROIDO!

Este ano a luz e a ciencia invadiron o cole cos nosos disfraces. Os postres que trouxeron as familias para compartir coma sempre exquisitos. Moitísimas gracias ! E iso que a chuvia non nos deixou celebralo fóra e fixemos o desfile no pavillón. O meco tamén se salvou alomenos de momento.
BO ENTROIDO A TODOS E TODAS!!


mércores, 4 de febreiro de 2015

ENTROIDO 2015


                                                          RECURSOS ENTROIDO

RECURSOS DE ENTROIDO

COORDINADORA ENDL

SYMBALOO ENTROIDO

RECEITAS DE ENTROIDO

                               XOGOS ENTROIDO ORDENADOR/PDI

FABRICA DE CARAS VEDOQUE

JCLIC CARNESTOLTES