xoves, 8 de febreiro de 2018


XUÍZO DO MECO 2018- CEIP BARRANTES


Estamos hoxe aquí reunidos,
Para entre todos xulgar,
A este meco silandeiro,
Que tantas culpas ha pagar.

Porque quixeches tolearnos
En pixamas e de rap,
Do revés moi vestidiños
De deportistas 1,2,3, xa.

Pero nós sabemos ben
Do que ti es capaz
Así que sen máis historias
Ímoste acusar.



Meco, meco pequeneco
curarémoste os máis pequenos.
Cos teus mandados o pasamos ben,
despedímonos ata o ano que vén.


Meco peco bomboreco
Ímoste queimar
Aínda que chores e chores
O lume non vas apagar.


Por queimar montes e casas,
E moito mandar,
Por estropear a nosa pizarra,
Ímoste queimar


Meco mequiño
querémoste queimar
porque non temos internet
para navegar.

Meco peco bomboreco
Ímoste queimar
Aínda que chores e chores
O lume non vas apagar.



Meco, mequeiro
querémoste queimar
para non ter máis lumes
no mundo mundial.

Meco peco bomboreco
Ímoste queimar
Aínda que chores e chores
O lume non vas apagar.



Este meco é moi listo
Pero nós ímolo xulgar,
E como é moi argalleiro
O queremos indultar.


Meco peco bomboreco
Ímoste queimar
Aínda que chores e chores
O lume non vas apagar.
  

Meco mequiño
a pesares de ser boiño
vas estar no lume moi quentiño
pero aínda podes salvarte
escapando polo camiño

Meco peco bomboreco
Ímoste queimar
Aínda que chores e chores
O lume non vas apagar.

  
Por ser feo e non funcionar o wifi,
por a Malala disparar,
por tantos montes queimados
e por facernos madrugar
ímoste queimar.


Meco peco bomboreco
Ímoste queimar
Aínda que chores e chores
O lume non vas apagar.

  
Meco peco pandereco
ímoste queimar
por facernos disfrazar
de cousas que nunca imos levar.




E destas causas aquí lidas
Damos sentenza irrevogable,
Queimaraste na fogueira
Por tantas culpas inxustificables.

Adiós tamén, queridiño...!
Adiós por sempre quizais...!
Dicímoste este adiós chorando
dende a beiriña do lar.







ORGANIZACIÓN DO ENTROIDO


ENTROIDO 2018

CEIP DE BARRANTES



9:30 a 10.30h

   PREPARACIÓN CERTAME GASTRONÓMICO.



10:45 a 12:00h

PERCORRIDO ata a igrexa dende o cole e volta ao centro.
Saída  de todo o alumnado pola porta principal para o desfile:

•       1º) de 6º e 5º. Inician comparsa
•       2º) Infantil ( 3 anos, 4 anos e 5 anos). Van no medio de primaria.
•       3º) 1º e 2º
•       4ª) 3º e 4º e pechan a comparsa.

•       presentación de cada clase do seu disfraz cos carteis ou pancartas.
•     FOLIÓN

12:00 a 12:30h

DEGUSTACIÓN GASTRONÓMICA. 


12:30 a 13:00 h

 QUEIMA DO MECO.
Lectura polo alumnado de 6º das regueifas ou coplas:

   Meco peco bomboreco,
   ímoste queimar.
   Aínda que chores e chores
   o lume non vas a apagar.

      (entre copla e copla)


13:00 h- 14:00h         RECREO E BAILE. MERCADILLO 5º E 6º FIN DE CURSO.


14:00 h            SUBIDA ÁS AULAS.


14:30 h             ENTREGA ALUMNOS CASA E SAÍDA AO COMEDOR.




martes, 30 de xaneiro de 2018

XA VEÑEN OS ENTRUIDOS!

Achégase o entroido e con el, a exaltación do propio. Este ano ao Ceip de Barrantes, voltan os entruidos, chamados na zona, e noutros lugares farrapeiros, farricoques, maruxos, choqueiros...


Deixámosvos este recurso  para descubrir o que se fai na nosa xeografía galega neste tempo de entroido .

ENTROIDO GALICIA