Durante a última semana de outubro, o alumnado participou en diversas actividades relacionadas co Samaín. Unha delas foi un obradoiro de refugarte onde, seguindo o proxecto de centro deste ano sobre a vida saudable, as nenas e nenos de Barrantes deron unha segunda vida a material de refugallo. Transformaron botellas de plástico en recipientes decorados de Samaín que reutilizarán no Magosto. Como colofón a esta celebración, proxectouse O Bosque Animado, unha longametraxe de animación galega na que destaca o coidado da natureza.
A continuación, inclúese un vídeo que recolle unha parte das actividades realizadas, como a exposición de cabazas, que cada ano incrementa a súa orixinalidade.
Moitas grazas ás familias, alumnos e mestres pola súa implicación no Samaín!
Ningún comentario:
Publicar un comentario