Para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da violencia contra a muller, realizamos dous murais conxuntos nos que participou a comunidade educativa.
Por unha banda, baixo o lema “Que o teu desexo non sexa fugaz”, e coa colaboración das familias, colgáronse estrelas elaboradas con materiais refugallo que tiñan desexos contra a violencia.
Por outra banda, nas aulas traballouse este tema en profundidade. O alumnado, a partir da lectura do conto Rosa Caramelo, realizou distintas actividades. AS nenas e nenos de Infantil, 1º e 2º de EP reflexionaron sobre o feito de que os xoguetes non teñen xénero: todas e todos podemos xogar ao que máis nos guste.
O alumnado de 3º e 4º analizou a moda sexista e descubriu que a maquillaxe e as saias poden ser usadas por homes, ademais de que calquera pode vestirse como máis lle guste.
Os maiores de 5º e 6º adicáronse a investigar sobre os teitos de cristal e reflexionaron sobre o complexo que lles resulta a moitas mulleres acceder a postos directivos ou de responsabilidade.
Fagamos que os nosos desexos non sexan fugaces!
Ningún comentario:
Publicar un comentario