PROXECTO TRANSFRONTEIRIZO VILANOVA DE CERVEIRA- TOMIÑO
O pasado mércores 3 de abril participamos o alumnado de 6º con Gallaecia (Universidade de Arquitectura en Vilanova de Cerveira) en dúas actividades de deseño xeométrico e plástico. Moitas grazas aos mestres polo tempo e ben facer dedicado. Foi un día estupendo.
Compartimos esta actividade co CEIP Pedro Caselles.
luns, 4 de marzo de 2019
ENTROIDONA100CIA 2019
Este ano a investigación científica chegou ao noso entroido coa astronomía, oceanografía, cinematografía,...
Aquí deixamos unha pequena mostra dos disfraces que este ano estiveron inspirados na investigación e na ciencia,
martes, 26 de febreiro de 2019
DÍA DE ROSALÍA- 24 de febreiro
Hoxe celebramos todo o cole o Día de Rosalía. O mural de Rosalía e as súas poesías en bolboretas e flores chegaron dende moito tempo atrás para enchernos de fermosos versos.
Despois de que cada neno e nena fixera a súa poesía e colgara no mural, reunímonos todos/as no 1º andar do cole para presentar á nosa poetisa e dar lectura pública a poemas da súa obra.
Esta foi a presentación realizada polos nenos e nenas de 6º:
Hai 182 anos que naceu Rosalía de Castro no Hospital Real en Santiago un 24 de febreiro de 1837. Falecería 48 anos despois deixándonos unha obra poética e prosa impresionante, que nin ela puido sospeitar sequera o que significaría para moitas persoas.
Os seus poemas, os seus cantares, acompañaron, dende aquela, a cultura deste país.
Escribir en galego na época en que viviu Rosalía non era nada fácil por moitos motivos pero sobre todo porque a lingua galega era moi pouco valorada e desprezada.
As súas tres obras clave foron Cantares gallegos, Follas novas y En las orillas del Sar.
Foi o 17 de maio de 1863 cando Manuel Murguía fixo entrega á imprenta viguesa de Compañel o manuscrito rosaliano de Cantares Gallegos, e dende 1963 a Real Academia Galega empregou esta data para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en idioma galego e pola defensa desta lingua.
Este ano 2019 será Antón Fraguas o homenaxeado nas Letras Galegas.
Pero volvamos a Rosalía, para dicir que a súa poesía se caracterizou por ser intimista, pesimista e a súa vez pola defensa do popular, da cultura e da lingua galega.
A Rosalía lle doía a pobreza de Galicia e lamentábase da perda que supoñía a emigración dos galegos.
Neste día de celebración da máis internacional poetisa galega queremos convidarvos en primeiro lugar á lectura pública, aquí entre todos e todas, de poemas de Rosalía e despois a cantar todos xuntos Rosalía pequeniña.
FEBREIRO
luns, 25 de febreiro de 2019
Benvida ao cole a Xavier Blanco e Marisa Fernández que nos achegan instrumentos musicais e esteiróns feitos en cana.
Hai uns días que Xavier Blanco estivo no cole ensinándonos e facéndonos partícipes das creacións de instrumentos vellos que posúe, máis de mil, e dos elaborados coa cana. Foi espectacular, e cando marchaba díxonos a todos que non era el quen estivera no cole, senón todos os avós e avoas e antepasados que fixeron posible a súa sabedoría e ben facer. Bravo Xavier!
E tamén, como non, Marisa ensinounos a facer e para que servían os esteiróns feitos coa folla da cana. Cantas cousiñas aprendemos con esta arte.
Moitas grazas aos dous por compartir tanto saber.
sábado, 3 de novembro de 2018
SAMAÍN
O pasado 31 de outubro achegámonos á festa do Samaín. Este ano a través de obradoiros convertémonos en científicos/as de medo. Para iso e por aulas fomos pasando por Lupas, Maquillaxe, Perruquería, Instrumentos e símbolos químicose Batas.
A transformación fíxose evidente xa ao entrar nos primeiros obradoiros.
Contamos coa fantástica colaboración de mestres e o alumnado de sexto nos distintos obradoiros.
Para rematar o día proxectamos a película de Coco.
IV CARREIRA BARRANTIÑA E MAGOSTO
Outro curso escolar que comezou e xa celebramos as festas de outono. As familias decoraron coma sempre a nosa escola con espectaculares cabazas científicas inspiradas este ano o proxecto de centro Con100cia.
Gracias por toda esa estupenda mostra de arte familias.
O pasado venres 26 de outubro compartimos coas familias a popular IV Carreira Barrantiña, este ano solidaria coa asociación Bicos de Papel que é unha organización de axuda aos nenos e nenas oncolóxicos do Hospital Álvaro Cunqueiro e ás súas familias. Enmarcada dentro do proxecto de centro, os cartos conseguidos serán destinados a esta asociación (https://bicosdepapel.org).
Gracias a todos e todas pola vosa participación e axuda.
Despois da carreira un merecido magosto en compañía das nosas familias, os mestres e mestras e os nosos e nosas peques que fan que as castañas teñan moito mellor sabor.