domingo, 27 de maio de 2018

BAILE E MÚSICA Letras Galegas 2018: 
A CARRASQUIÑA, O PEZIÑO E AS ABELLIÑAS


O XOGO DA CARRASQUIÑA
O xogo da carrasquiña é un dos xogos mais difundidos na xeografía galega. Foi recollido no ano 1989 na aldea de Rubiós, consello das Neves, Pontevedra. Era interpretado por adultos para divertirse e coñecerse nos SERÁNS. Estas eran xuntanzas (reunións) de todo o pobo que se facían no outono e inverno ao finalizar a xornada de traballo.


Obxectivos:
Pola súa estrutura e facilidade de execución é ideal para que os mozos se inicien na danza, potencien a creación de vínculos e estimulen a súa psicomotricidad.

LETRA:
O xogo da carrasquiña,, é un xogo así ao lado, baixar os ollos en terra ,todo o mundo fica admirado. Oh! Matilda, sacude a saia, Oh! Matilde, levanta o dedo. Dáme un beixo Maruxiña, que eu che darei un abrazo. Ai, que vida é a nosa! dar beixiños, dar abrazo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario