luns, 14 de maio de 2018

CORRELINGUA 2018


Os nenos e nenas de 1º, 2º e 5º de Barrantes estivemos no Correlingua. Un tren turístico agardaba á porta do colexio iluminando a cariña dos nosos/as peques. e ata Tomiño dirixímonos a compartir esta festa pola lingua con todos os coles que alí se xuntaron.
Texto de Telemariñas

A carreira saiu ás 11.00 da mañá dende os IES Antón Alonso Ríos até a Praza do Seixo, onde tiveron lugar todos os actos.
Alí agardaba o grupo Oh! Ayatollah coa súa música e a actriz Isabel Risco, encargada de conducir o acto. Tempo logo para os de Marcos Maceira, da Mesa de Normalización Lingüística ,e da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, quen salientou o valor de ter unha lingua propia e animou aos escolares a utilizala e disfrutar dela.
Seguidamente, Isabel Risco deu lectura ao manifesto e despois comezaron as actuacións do alumnado do CEIP Pintor Antonio Fernández, Ceip Barrantes (ambos os dous de Tomiño), e IES Salvaterra.




Ningún comentario:

Publicar un comentario